TorrentSpy non pagará a multa de 111 millóns de dólares por infracción do copyright
venres, 9 de maio do 2008
A causa xudicial contra un dos buscadores
de torrents máis populares dos
EE.UU., TorrentSpy, está a
piques de rematar, e unha sentenza forzarÃa ao servizo web a pagar 111 millóns
de dólares e a pechar (o que xa fixo o pasado 24 de marzo).
Os responsables de TorrentSpy veñen de anunciar que apelarán
a decisión xudicial, e tamén destacan que se están a acoller a
protección por bancarrota, ou sexa, que a cantidade da sanción serÃa un «truco publicitario»
dos estudos de cine.