Toshiba anunciar tarxetas SDHC de 16 e 32 Gb

mércores, 22 de agosto do 2007

Os discos duros están a atopar unha dura competencia nos discos baseados en memoria de estado sólido, pero os dispositivos que funcionan con tarxetas de memoria tamén poden acadar capacidades de almacenamento semellantes grazas ás novas capacidades de integración destas tecnoloxías, e así, Toshiba vén de anunciar as súas tarxetas SDHC de 16 e 32 Gb.
O modelo de 16 Gb sairá no Xapón en outubro a 40.000 iens (258 euros) mentres que o modelo de 32 Gb non chegará ata xaneiro de 2008 por 80.000 iens (516 euros).

PUBLICIDADE