Traballo e a CEG potenciarán o portal SALT

xoves, 2 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, un convenio de colaboración para a ampliación e o mantemento do portal SALT, que recolle información para licitacións internacionais

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración para 2009 e 2010 co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, coa finalidade de manter e ampliar os servizos prestados dende o Servizo de Licitacións Internacionais da CEG a través do portal SALT. Este servizo ten coma obxectivo ofrecer oportunidades de negocio á empresa galega no mercado dos organismos multilaterais de desenvolvemento e mellorar a presenza das PEME galegas no mercado internacional.
Segundo o convenio asinado, a Consellería de Traballo subvencionará parte das accións incluídas na plataforma web, coma un servizo de alertas que avisa en tempo real ás empresas adheridas sobre os proxectos e licitacións que se publican. Dada a complexidade destes procesos internacionais, levarase a cabo tamén un plan de formación dirixido a empresarios, como directivos, técnicos especializados e bolseiros. Tamén financiaranse estudos de investigación que faciliten o coñecemento deste mercado, un plan de promoción institucional para fomentar o servizo e un programa de contratación de especialistas neste ámbito.