Tres investigadores da Universidade de Uzbequistán participan nunha estadía no CITIC
martes, 5 de setembro do 2023
Carlos
Gómez, membro do CITIC, convidou os investigadores Elmurod
Kuriyozov, Sanatbek Matlatipov e Jaloliddin Rajabov, da Universidade
Nacional de Uzbequistán nomeada en honra a Mirzo Ulugbek, a realizar
unha estadía no centro desde o 20 de agosto ata o 15 de setembro.
O obxectivo da visita é a asistencia a un seminario formativo
organizado con motivo do proxecto no que están a traballar.
Os
expertos están a desenvolver o proxecto UzUDT: Universal
Dependencies Treebank and parser for natural language processing on
the Uzbek Language, do cal Carlos Gómez é colaborador externo,
que foi concedido á Facultade de Matemáticas Aplicadas e
Tecnoloxías Intelectuais da Universidade Nacional de Uzbequistán no
marco da convocatoria Modernizing Uzbekistan National Innovation
System promovida polo Banco Mundial e o Goberno do país
centroasiático.
O
proxecto está deseñado para abordar as complexidades lingüísticas
da lingua uzbeca mediante o uso do Procesamento da Linguaxe Natural
(PLN). O seu traballo pretende enriquecer a comprensión da sintaxe
do dito idioma ademais de facilitar e mellorar as aplicacións do
PLN, contribuíndo así ao progreso das tecnoloxías lingüísticas.
Segundo
explicaron fontes do CITIC, o desenvolvemento do proxecto abrangue
múltiples fases, todas centradas en abordar diferentes aspectos de
mellora da PLN, como ferramentas avanzadas na análise de
sentimentos, recoñecemento de entidades e análises morfolóxicas.
Ademais, incorpora o desenvolvemento dun UzUDT (Universal Dependency
Treebank) para a lingua uzbeca. Para os investigadores é necesario
incluír o UzUDT como un proxecto de código aberto, para que todo o
mundo poida acceder facilmente á súa aplicación.