Twitter podería saltar ós móbiles españois en breve

luns, 3 de setembro do 2007

Aínda que o modelo de negocio de Twitter continúe a ser toda unha incógnita, o certo é que tal plataforma de micro-blogging está a espallarse por todo o mundo, é xa chegan informacións de que se está a ultimar o seu lanzamento en España.
Para achegarse ós móbiles no noso Estado Twitter empregaría a plataforma de Telefónica, e tal servizo podería atenderse a través de Jetmultimedia.

PUBLICIDADE