Un concurso virtual de Xbox LIVE repartirá premios reais en Canadá

luns, 4 de maio do 2009

Microsoft vai lanzar en probas o seu concurso en liña 1 vs 100 (polo momento nos EE.UU. e Canadá), e confírmase non só que será de balde para usuarios Gold de Xbox LIVE, senón que os premios serán moi reais, e non se limitarán a tarxetas de puntos para descargar contidos do Bazar de Xbox LIVE. Así, os grandes premios para a beta canadense serán consolas Xbox 360 Elite, cámaras de vídeo Samsung HD, portátiles Acer Aspire e xogos en descarga.

PUBLICIDADE