Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un enxeñeiro da UVigo formará parte da segunda edición de Imagine Express
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un enxeñeiro da UVigo formará parte da segunda edición de Imagine Express

Redacción
Publicado: 25/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_dreamer.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo vén de acoller a presentación do representante da institución académica viguesa que participará na segunda edición da Imagine Express, unha convocatoria que dá comezo este venres da man do emprendedor catalán Xavier Verdaguer ao abeiro da súa iniciativa Imagine Creativity Center, un espazo de traballo radicado en Silicon Valley (Estados Unidos). Dende este espazo, unha vez ao ano, unha ducia de españois e españolas traballan durante un mes en retos de desenvolvemento tecnolóxico lanzados por diversas empresas e entidades. Verdaguer e Sonia Mulero, directora adxunta da Fundación Banco Sabadell, foron os encargados de presentar na escola viguesa ao elixido para participar en Imagine Express.
Trátase de Franco Pérez Lissi, enxeñeiro, arxentino de nacemento e residente en Galicia dende hai máis dunha década. Franco subirá este venres a un tren en Barcelona acompañado doutros 35 dreamers seleccionados entre máis de 2.000 persoas, para participar nun equipo formado por outros dous convocados no desenvolvemento de aplicacións móbiles. En Londres, informa a Universidade de Vigo, os equipos presentarán na London Eye as súas propostas. As catro mellores aplicacións móbiles serán dadas a coñecer no Barcelona Mobile World Congress, que terá lugar entre los días 2 e 5 de marzo e posteriormente en Silicon Valley.
Finanzas, saúde e deporte, auga e unha categoría aberta, son as liñas de traballo sobre as que deberán versar as propostas dos e das participantes na Imagine Express 2015.
Formado como enxeñeiro de Telecomunicación, primeiro en Vigo e posteriormente no Virginia Polytechnic Institute and State University en EEUU, Franco Pérez forma parte da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo que dirixe o profesor e investigador Fernando Aguado. Franco poderá contar no transcurso da viaxe co apoio dos outros catro enxeñeiros cos que traballa habitualmente na Agrupación Aeroespacial: Aaron Narcellas, Bibiano Fernández-Arruti, Xabi Crespo e Diego Hurtado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?