Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un novo proxecto contribuirá á conservación dixital do patrimonio galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un novo proxecto contribuirá á conservación dixital do patrimonio galego

Redacción
Publicado: 07/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160707_feijoo_01.jpgO presidente Alberto Núñez Feijoo, salientou hoxe que a Memoria Dixital de Galicia, cuxa construción aprobou esta mañá o Consello da Xunta, contribuirá a mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego. Na rolda de prensa posterior á xuntanza o titular da Xunta comentou que arranca así un proceso fundamental para a cultura galega que busca dixitalizar o patrimonio material e inmaterial da Comunidade e crear un fondo que se albergará no Gaiás.
A Memoria Dixital de Galicia implicará todos os axentes que xestionan o noso patrimonio cultural, tanto a Administración como as entidades públicas e privadas, que se denominarán Institucións da Memoria. Ademais, o proxecto, que conta cun orzamento público de 9,1 millóns de euros, impulsará o xurdimento de novos servizos e contidos para a industria e o turismo cultural, e aumentará o potencial do patrimonio para actividades de investigación.
20160707_feijoo_02.jpgFeijoo indicou que a estratexia para a construción da Memoria Dixital de Galicia aséntase en catro iniciativas que xa están en marcha:
– O Arquivo Electrónico Patrimonial, que ten como obxectivo a xestión do patrimonio documental galego e que desde outubro estará dispoñible a través dunha páxina web.
– Unha convocatoria de axudas para dixitalizar fondos do patrimonio cultural, que se fará pública nos vindeiros meses cun orzamento de 800.000 euros.
– A Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana), que conta xa con máis de 1,7 millóns de páxinas e 175.000 obxectos dixitalizados procedentes de arquivos, museos, bibliotecas e outras coleccións. Esta será, tamén, a canle de difusión do noso patrimonio cara ás redes transnacionais.
– As actuacións relativas á toponimia, como o portal da toponimia galega, que entrará en funcionamento en outubro e que irá incorporando progresivamente a microtoponimia.
Núñez Feijoo sinalou que a Memoria Dixital de Galicia aplicará a innovación tecnolóxica á xestión do patrimonio e da actividade cultural. Por exemplo, empregarase información xeográfica para xeorreferenciar os elementos do patrimonio cultural e inmaterial, así como técnicas de dixitalización en 2D e 3D, Big Data e solucións de mobilidade e realidade aumentada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?