Un rapaz opera os dedos para usar mellor o seu iPhone

venres, 10 de agosto do 2007

Bonnie Brae, un mozo de 28 anos da poboación estadounidense de Bonnie Brae (Colorado) chamou a atención do North Denver News por someterse a cirurxía plástica para afiar os seus dedos polgares para poder manexar mellor o seu novo iPhone.
Segundo o rapaz, estaba farto de perder as plumiñas que viñas con seus distintos móbiles, e aínda que a operación é custosa, coida que deste xeito poderá “utilizar os terminais modernos moito máis rápido”, e o doutor que o atendeu, Robert Fox Spars, declarou que era toda unha novidade que en vez de operarse por estética o mozo o fixese para “incrementar a súa eficiencia no traballo”, aínda que moitos consideren que unha das maiores estupideces que alguén pode facer.
ACTUALIZACIÓN: Esta información resultou ser un bulo.

PUBLICIDADE