Unha aplicación permite migrar de Windows Vista a XP
martes, 25 de setembro do 2007
Os problemas que teñen certos usuarios
(especialmente en contornos corporativos) con sistema operativo Windows Vista
levou a Microsoft a lanzar unha ferramenta para as versións Business e Ultimate
que permite involucionar
o Windows ata XP, sendo Lenovo
o primeiro fabricante en permitir a súa descarga.
A compañÃa de Redmond estreou a aplicación para facilitar ós usuarios o cambio
de sistema operativo a unha versión anterior de xeito que respectarán as
licenzas de uso adquiridas, ou sexa, que aÃnda que mercaran un equipo con Vista
preinstalado, poderán usar XP sen ter que mercar unha copia de tal sistema
operativo.