Unha conferencia na Coruña explorará o desenvolvemento visual de El Parque Mágico
venres, 29 de marzo do 2019
O vindeiro 12 de abril chegará aos cines o
filme de animación El Parque Mágico,
de Paramount Pictures, dirixida por Dylan Brown (colaborador de filmes como Bichos, Toy Story 2, Monstruos S.A.,
Buscando a Nemo, Ratatouille e Los Increibles),
encargándose da súa animación en 3D o estudio español Ilion Animation Studios,
oportunidades que quixeron aproveitar dende a organización de Mundos Digitales (evento que
recuncará na Coruña os dÃas 11-13 de xullo na súa edición número 18) para
organizar unha conferencia en primicia na que parte do equipo que desenvolveu o
filme analizará os retos técnicos e artÃsticos da produción.
Esta actividade celebrarase o venres 5 de abril ás 18:00 horas na sede de
Afundación Obra Social Abanca na Coruña, e permitirá descubrir o desenvolvemento
visual dos escenarios e personaxes de El
Parque Mágico, dende o seu deseño até a iluminación final.
A xornada busca ser a antesala da vindeira edición de Mundos Digitales, e os
que queiran acudir a este interesante evento poden solicitar unha invitación
(para 1 ou 2 persoas) a info@mundosdigitales.org,
sendo o acceso de balde até completar aforo.
El Parque Mágico narra a historia dun
abraiante parque de atraccións que esperta a imaxinación dunha nena moi creativa:
un dÃa máxico, mentres June vai polo bosque de camiño a casa, atopa un vello
vagón de montaña ruso abandonado e monta nel para descubrir que está en
Wonderland, un parque de atraccións que creará na súa mente e do que case non
gardaba recordos. Todas as atraccións e personaxes cobraron vida, pero sen a
presenza de June o caos ameaza con apoderarse do lugar, polo que a cativa terá
que reorganizar Wonderland para que volve ser un lugar marabilloso.
Tráiler de El Parque Mágico