Unha empresa augura o colapso da Internet a finais de 2007
luns, 14 de maio do 2007
A compañía norteamericana de solucións para a xestión de tráfico IP, Procera Networks, presentou o pasado venres en Madrid un
estudio no que se anuncia que a finais de 2007 se colapsaría a Internet por
exceso de tráfico, polo que propoñen a priorización do tráfico para
optimizar o largo de banda consumido, reducindo así o custo dunha ampliación das infraestruturas.
Ander Alneng, responsable de filial española de Procera, afirmou que é a
popularidade do audio e o vídeo o que está a pór ó límite a capacidade da
Internet, polo que asegura que “nos dirixiremos cara a un cambio moi importante” na Rede, sostendo que poderían
aumentar tanto as tarifas como a insatisfacción do usuario.