Unha entrevista coa directora xeral de X ilustra as contradicións da compañÃa
venres, 29 de setembro do 2023
- Linda Yaccarino deixou ver a pantalla de inicio do seu móbil, onde non figura a aplicación de X
A situación de
X/Twitter non deixa de ser polémica, e un dos principais problemas que ten a
compañÃa é a mala imaxe que dá Elon Musk coa súa conduta errática e os seus
posicionamentos ante o que considera que é liberdade de expresión (mentres
promove contidos antisemitas e retrógrados), de xeito que o principal traballo
da directora xeral Linda Yaccarino é tranquilizar aos anunciantes, para o que
concedeu entrevistas nos últimos dÃas que reflicten o complicado da súa
situación.
No marco da Code Conference puidemos ver a Linda
Yaccarino respondendo a preguntas da xornalista da CNBC Julia Boorstin, quen tivo que insistir en
numerosas ocasións en case todas as súas preguntas, xa que Yaccarino evitaba
responder directamente, buscaba constantemente desviar a atención sobre os asuntos
crÃticos e non cesaba de dar informacións xenéricas e imposibles de verificar sobre
a súa empresa, dando a impresión de que o seu discurso estaba totalmente fóra
da realidade, chegando a admitir que os cambios que se realizan en X/Twitter son
decisión de Elon Musk, e que os traballadores da compañÃa non renden contas
ante Yaccarino.
A directiva pola súa banda defende que X/Twitter segue a xogar un papel crucial
na comunicación en tempo real, asegura que ten unha grande actividade que non
para de medrar (pese a que haxa informes que indiquen que X
está no peor nivel de descargas nos últimos 10 anos e que o nivel de uso
está en mÃnimos) e asegura
que dende que ela está á fronte da compañÃa «o 90% dos 100 maiores anunciantes
volveron á plataforma». Incluso chega a asegurar que a empresa está a
piques de dar beneficios operativos, algo sumamente difÃcil de crer, cando é
unha compañÃa nunha profunda crise que non cesa de acumular débedas en alugueres,
servizos e mesmo no ámbito laboral (aÃnda non pagou as compensacións por
despedimento prometidas a milleiros de traballadores).
Pero unha das curiosidades da entrevista foi, sen dúbida, o momento no que
Yaccarino amosou a pantalla do seu teléfono móbil para ilustrar que a xente se
informa da actualidade a través do smartphone, e puido
verse que na pantalla de inicio do seu iPhone non está a aplicación de X, o
que non deu precisamente boa imaxe (lembra a cando cazan a algunha celebridade
promocionando un smartphone con Android en redes sociais mentres publica o
contido cun iPhone).
Acto seguido tamén quixo esquivar a pregunta sobre a caÃda de descargas de X
(que parece estar motivada polo feito de mudar o nome da aplicación), chegando
a mencionar Julia Boorstin que actualmente até teñen un maior nivel de uso aplicacións
como Telegram ou o Reloxo de Samsung.
Cando Boorstin sacou o tema de que Elon Musk pretende facer X unha plataforma totalmente
de pagamento, e preguntou cantos usuarios estiman que perderán con tal
movemento, Yaccarino evitou en repetidas ocasións responder, evitando dar datos
actuais da plataforma e rexeitando dar datos sobre o futuro, insistindo en que
non hai ningunha decisión tomada.
Ao tratar o tema da moderación de contidos, as declaracións de Yaccarino foron
sumamente difÃciles de crer, pois afirmou que agora contan con ferramentas de
moderación de contido dirixidas a empresas que antes non existÃan (e que múltiples
denuncias públicas deixan claro que non funcionan) cando se lle preguntaba
realmente pola moderación de contidos en xeral, e moi especialmente en materia
polÃtica (xa que están próximas unha eleccións nos EE.UU.). Mentres a
entrevistadora sacaba á palestra que X estaba a despedir aos responsables da
moderación de contidos polÃticos e da loita contra a desinformación, Yaccarino
dicÃa o contrario, pese a que foi o propio Elon Musk quen recoñeceu que
prescindira deses traballadores por considerar que o seu traballo colidÃa co
seu concepto de liberdade de expresión.
ConfÃase en que nas vindeiras semanas X dea información sobre as medidas que
adoptará de cara á información polÃtica e electoral, pois de non adoptar un
mÃnimo de medidas poderÃa ter serios problemas coas autoridades
estadounidenses, como parece que xa está a ter coas autoridades europeas, que
consideran a X como a maior divulgadora de desinformación das plataformas
sometidas á Lei de Servizos Dixitais.
VÃdeo coa entrevista completa na Code Conference