Unha sentenza confirma que os administradores dun foro non son responsables dos comentarios de terceiros
venres, 21 de maio do 2010
O Tribunal Supremo aceptou o recurso de casación imposto pola empresa Ruboskizo, S.L., propietaria do foro web Quejasonline, que fora condenado polo xulgado de primeira instancia de Valencia a pagar 6.135 euros a un avogado de Mutua Madrileña AutomovilÃstica polos comentarios supostamente ofensivos publicados por un terceiro no foro, e en aplicación da LSSI-CE, anúlase a sentenza anterior.