Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha startup galega prepara un robot corta-céspede de seu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Unha startup galega prepara un robot corta-céspede de seu

Marcus Fernández
Publicado: 28/01/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smarttek_smartbot_03.jpgO vindeiro venres, no marco da celebración do 4º aniversario da LaconNetwork, desenvolverase unha mesa redonda que xunta a tres emprendedores galegos que amosarán o que están a facer actualmente, o que nos levou a botar unha ollada a José Manuel Ruiz, a quen coñecemos como director de produto e I+D+i de Blusens, e que agora está a dirixir un novo proxecto tecnolóxico, Smarttek Devices, S.L., do que polo momento só vemos que prepara un produto chamado SmartBot para mediados de marzo, sobre o que procuramos máis información para descubrir que xa ten un vídeo demostrativo moi prometedor.
smarttek_smartbot_01.jpgO SmartBot sería un robot intelixente para cortar o céspede, que viría a ser algo semellante a levar a tecnoloxía que habitualmente vemos nas aspiradoras robotizadas ao xardín, facilitando o mantemento do céspede cun esforzo moi reducido. Esta solución precisa da instalación dunhas guías para limitar a área de funcionamento do robot, que promete ser capaz de cortar ata 2.600 metros cadrados, e incluso funciona en condicións adversas. Pode programarse por zonas, evita obstáculos, permite seleccionar diferentes modos de corte, pode regularse a súa altura de corte e incluso é auto-suficiente (regresa so á súa base).
Resulta esperanzador ver como as startups galegas non se limitan a comercializar produtos de electrónica de consumo de ámbito doméstico, senón que atrévense a abrir novos mercados, apostando por tecnoloxías que ata o momento chegaban da man de grandes fabricantes, cos que ousan competir buscando un equilibrio entre a alta tecnoloxía e un prezo asumible.

Vídeo de presentación do SmartBot de Smarttek Devices, S.L.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?