Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada en Compostela abordou as posibilidades que brindan os drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada en Compostela abordou as posibilidades que brindan os drons

Redacción
Publicado: 18/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_xornada_drons.jpgA xornada Lexislación e oportunidades do uso dos drons analizou este xoves, na sede do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, o marco xurídico e outros aspectos relacionados cos vehículos aéreos non tripulados. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Universidade de Vigo e os Colexios de Avogados de Ourense e Santiago impulsaron a iniciativa co apoio da empresa RKDrones e a colaboración da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
Durante a presentación da xornada, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, defendeu “a especialización intelixente como unha estratexia clave para o futuro de Galicia”, salientando que “é preciso identificar, mediante un traballo conxunto da Administración, o tecido empresarial e os distintos axentes, as áreas de coñecemento e innovación nas que a nosa comunidade ten posibilidades de ser excelente e competitiva a escala mundial, en función tanto das súas vantaxes competitivas existentes e emerxentes, como das tendencias globais”.
Suárez Lorenzo afondou neste contexto engadindo que “a aparición de novas tecnoloxías coma os avións non tripulados supón unha nova revolución dixital nos nosos tempos. Pouco a pouco, o uso de drons no ámbito público é maior, e as posibilidades que brindan son moi amplas e poden utilizarse para beneficio de todos”.
Xunto con Suárez Lorenzo, participaron na presentación da xornada o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, e o coordinador da mesma e subdirector da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Francisco Javier Rodríguez, quen tamén é membro da Xunta de Goberno do CPEIG. Durante a tarde, interviñeron diversos especialistas, tanto do eido privado coma do público.
Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador, foi a charla pronunciada por Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea. A continuación, María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide falou da Responsabilidade civil dos operadores de RPA e o seu aseguramento obrigatorio. Drons para todos. Ámbitos de Aplicación, a cargo dun representante da empresa RKDrone, foi a última das conferencias. A xornada pechouse cunha mesa redonda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?