Unidade móbil en Brión para expedir o DNIe sen desprazarse á capital
mércores, 27 de agosto do 2008
O Concello de Brión vén de informar que o vindeiro día 16 de setembro, unha unidade móbil do D.N.I da Comisaría de Policía de Santiago de Compostela, desprazarase ata a localidade para expedirlle o Documento Nacional de Identidade Dixital a tódolos veciños que o precisen. Nesta convocatoria, o cupo é de setenta prazas, que se irán cubrindo por orde de reserva. Para pedir a cita, os interesados deberán chamar ao teléfono 981 887 006 ou desprazarse ata as oficinas do consistorio. Os veciños que desexen renovar o seu Documento Nacional de Identidade terán que presentar dúas fotos recentes en cor (tamaño carnet, de fronte e cun fondo uniforme liso) e o DNI anterior, así como un certificado de empadroamento (nos casos de cambio de domicilio) e un certificado do Rexistro Civil (nos casos de variación nos datos de filiación).