Verbatim fabricará discos HD DVD gravables a 2x

luns, 7 de xaneiro do 2008

O fabricante de soportes ópticos Verbatim anunciou que vai comezar a introducir no mercado os primeiros discos gravables HD DVD-R e HD DVD-RW de 2x, de xeito que a gravación de 15 Gb nos mesmos levaría só 30 minutos fronte ós 60 minutos que precisaban os discos que se comercializan actualmente.
Para a fabricación destes novos discos desenvolveuse unha nova tecnoloxía de precisión por parte da empresa nai de Verbatim, Mitsubishi Kagaku Media.

PUBLICIDADE