Vodafone e Orange xa comercializan o Nokia 5800 XpressMusic
venres, 23 de xaneiro do 2009
Tras a baixada de prezo do Nokia 5800 XpressMusic libre a 339 euros era só cuestión de tempo que outras operadoras distintas a Movistar comezasen a comercializalo, e parece ser que Orange xa comezou a enviar os seus primeiros modelos aos clientes que os reservaran, e Vodafone tamén o incorpora ao seu catálogo dentro do programa de puntos por uns 209 euros (cun compromiso de permanencia de 18 meses) e sen a necesidade de contratar un plan de datos.