Cada vez son máis as operadoras de telecomunicacións que entran no mercado enerxético, e ao igual que Yoigo, MásMóvil e Pepephone, agora é Vodafone a compañía que dá luz verde ao seu proxecto de comercialización de enerxía eléctrica en España, estando previsto que Telefónica e Orange fagan o mesmo nos vindeiros meses.
Vodafone Energía será unha comercializadora eléctrica que comprará enerxía de fontes renovables e venderaa no mercado libre con tarifas baseadas na discriminación horaria, ou sexa, que non operará a través doutra compañía a cambio dunha marxe como fan outras compañías do sector das telecomunicacións.
Dende Vodafone aseguran que con Vodafone Energía non buscan unha rendibilidade directa significativa, senón que orientan a súa oferta á fidelización de clientes, que poderán darse de alta a través da aplicación Mi Vodafone (onde tamén poderán consultar as facturas do servizo). Vodafone Energía deixa claro que está orientada a clientes de Vodafone, xa que para eles non terá nin cota mensual nin compromiso de permanencia, mentres que se deixan a operadora de telecomunicacións terán que pagar unha cota adicional de 4 euros/mes.
Vodafone entrará no mercado eléctrico
Compartir Este Artigo
