Vodafone presenta unha solución comercial virtual e interactiva a través da 5G
venres, 10 de decembro do 2021
Vodafone presentou hoxe Vodafone
5G Reality, o primeiro servizo
virtual interactivo creado en España no que os clientes poderán gozar de
experiencias completamente inmersivas. Trátase dunha iniciativa na que a
operadora leva traballando máis dun ano e que aproveita as vantaxes da súa rede
5G en velocidade e latencia.
Vodafone 5G Reality poderase gozar desde o smartphone, con lentes de realidade aumentada e con lentes de realidade virtual,
adaptando a experiencia en función do dispositivo. Xa se está empezando a probar cos primeiros clientes e abrirase ao público
xeral no primeiro semestre de 2022.
Con Vodafone 5G Reality os usuarios poderán mergullarse nun mundo diferente onde
poderán vivir aventuras e ser os protagonistas da historia. AsÃ, poderán
asistir xunto aos seus amigos a concertos, gravarse xunto aos seus famosos
preferidos desde o seu salón, viaxar polo mundo, aprender en familia, gozar de
experiencias de adrenalina ou relaxarse baixo un ceo de estrelas, todo de
maneira virtual.
«O metaverso é un dos
conceptos tecnolóxicos máis populares do momento e en Vodafone levamos
traballando durante máis dun ano para ofrecer aos nosos clientes a primeira
experiencia real. Tras o estudo que levamos a cabo, potenciamos a
funcionalidade social xa que era unha prioridade para os nosos clientes,
permitÃndolles crear o seu propio avatar e interactuar cos seus amigos en tempo
real. Para lograr que a experiencia sexa
óptima, é necesario contar cunha rede 5G de alta calidade como a que posúe
Vodafone, que permita altas velocidades e latencias moi baixas», sinalou Marta de Pablos, directora de Marketing 5G en Vodafone España.
Esta plataforma, creada en colaboración con Virtual Voyagers e Optiva Media, é unha contorna aberta que permite a integración de
contido local e internacional doutros provedores e empresas, que, ademais,
poderán facer uso do novo espazo Vodafone 5G Lab para os seus
desenvolvementos. Desta forma, Vodafone aspira a converterse en axente
habilitador do futuro da Internet.