Vodafone proba a tecnoloxía HSPA+

martes, 12 de febreiro do 2008

Vodafone anunciou que está a probar a tecnoloxía de banda larga móbil HSPA+, que suporá un incremento da velocidade de conexión e que se coñecerá coma HSPA Evolution.
As probas da operadora británica se efectúan con material de Ericsson, Huawei e Qualcomm, e permitirá descargas de ata 42 Mbps e unha velocidade de subida de 11 Mbps, de xeito que supón unha mellora moi importante da eficiencia das comunicacións móbiles.

PUBLICIDADE