Vodafone proba novos modos de explotación da publicidade no móbil

mércores, 31 de outubro do 2007

A operadora móbil británica Vodafone anunciou o lanzamento da iniciativa Vodafone Mobile Marketing Discovery Programa: 10 marcas, 10 éxitos que pretende desenvolver no móbil unha nova plataforma publicitaria durante 4 meses e se limitará a 10 grandes marcas do mercado español (unha por sector).
Vodafone permitirá 4 positibilidades publicitarias: On Portal (baseado en banners e micrositios), In Content (permite a descargar de contidos a cambio de mensaxes publicitarias), Campañas Push (mediante o envío de SMS ou MMS a grupos de clientes) e Campañas Interactivas ou Pull (nas que é o usuario o que manifesta o seu interesa pola campaña mediante unha mensaxe de texto).

PUBLICIDADE