WhatsApp convida a rachar as cadeas de mensaxes
mércores, 11 de xullo do 2018
Compartir información falsa a través de redes sociais é un
grande problema para a nosa sociedade, pero aÃnda asà é bastante probable que
poidamos rastrexar a orixe ou a fonte dunha nova, pero no caso de WhatsApp o
problema magnifÃcase, non só porque a xente tende a compartir textos e imaxes
sen indicar a procedencia, senón porque en moitas ocasións confundimos a
autorÃa, pensando que o texto que recibimos é obra do remitente, e non dun
terceiro descoñecido, de xeito que os contidos recibidos chegaban coa
reputación do seu remitente, dándolle credibilidade. Para evitar que isto
facilite a proliferación de novas falsas ou simplemente clarexar que non todo o
que recibimos é obra da persoa que o envÃa, tras varias semanas en probas
WhatsApp fai oficial unha nova prestación que consiste en indicar como Reenviado cada contido que fose replicado
a través da propia aplicación.
Dende WhatsApp, ao estrear esta nova función, fan
unha chamada á responsabilidade á hora de compartir contidos, e piden que os
usuarios recapaciten antes de reenviar mensaxes que chegue reenviados por
outras persoas, ante a posibilidade de que se trate de información falsa,
convidando asà a rachar coas mensaxes en cadea que tantos problemas causaron
nos últimos anos.