WhatsApp estrea aplicación para empresas
venres, 19 de xaneiro do 2018
Tras
moitos meses de rumores e esperas, por
fin é realidade a aplicación WhatsApp Business, tamén coñecida como WhatsApp
para Negocios, que permite que as PEME poidan facer un
uso axeitado de WhatsApp, para unha boa relación cos seus clientes, e
facilitando a separación das conversas profesionais das conversas con amigos e
familiares.
Polo momento WhatsApp Business
estréase como unha aplicación
para Android de balde que pode descargarse dende Indonesia, Italia, México,
Reino Unido e EE.UU., chegando ao resto do mundo nas vindeiras semanas e sendo
tamén compatible con WhatsApp Web para facilitar o seu manexo dende un
ordenador.
A nova aplicación facilita a creación de perfÃs de empresa, onde pode indicarse
información de utilidade como o correo electrónico, o enderezo e a páxina web; as
contas de empresa amosaranse como tal para o resto de usuarios e algunhas compañÃas
poderán gozar de conta confirmada tras verificarse que o número de teléfono da
conta coincide co teléfono da empresa; a aplicación será como a ferramenta de
mensaxerÃa particular, pero engadÃndolle elementos como respostas rápidas,
mensaxes de benvida e mensaxes de ausencia; e tamén contará con estatÃsticas,
para que as compañÃas poidan coñecer informacións como o número de mensaxes
lidas.
