Winamp prepara o seu retorno

venres, 19 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Tras moitos anos sendo o reprodutor musical por excelencia non escritorios informáticos de todo o mundo, Winamp desapareceu do mapa en 2013, cando deixou de estar operativo o dominio Winamp.com (aínda que a aplicación non lanzara unha versión oficial dende 2007), pero nos últimos anos semella que a nostalxia tirou pola marca, de xeito que Spotify e Plex rendéronlle sendas homenaxes, e incluso filtrouse de xeito masivo unha beta do Winamp 5.8, que basicamente limitábase a incorporar compatibilidade total con Windows 8.1 e Windows 10.

En vista do acontecido, os actuais propietarios da marca, Radionomy, decidiu relanzar a páxina web de Winamp, dende a que é posible descargar a versión 5.8 beta da aplicación de xeito seguro (para non ter que recorrer a fontes non oficiais) e como anticipo do relanzamento de Winamp, previsto para 2019.
Polo momento son poucos os datos que se teñen do futuro Winamp 6, pero o máximo responsable de Radionomy asegura que buscaría converterse no reprodutor definitivo, para que os usuarios non teñan que andar saltando entre distintas aplicacións en función de se queren escoitar música, unha emisora de radio ou un podcast.

JPEG - 134.9 KB
Winamp 5.8 beta mantén as funcionalidades da aplicación orixinal, pero engade compatibilidade coas versións modernas de Windows

PUBLICIDADE