Windows 7 convértese no produto máis reservado na historia de Amazon.co.uk
mércores, 21 de outubro do 2009
Ese xoves sae oficialmente o Windows 7, pero na tenda británica de Amazon xa é todo un supervendas, acumulando un número de reservas que farÃalle superar ao derradeiro libro de Harry Potter, e converténdose no produto máis reservado na historia de Amazon.co.uk.
Dende a tenda virtual aseguran que «nos últimos 3 meses só The Lost Symbol de Dan Brown vendeu máis copias que Windows 7, o que é un logro incrible para un produto de software».