Windows 7 podería saír a primeiros de 2010

xoves, 13 de marzo do 2008

Microsoft confirmou que o sistema operativo que relevará a Windows Vista sairá en 2010. Windows 7 (que será finalmente o nome que tomará o sistema que respondía antes ós nomes chave de Blackcomb e Vienna) precisaría dun traballo de 3 anos para o seu desenvolvemento e, aínda que Microsoft non concretou cando se comezou, xa recoñecen que está en marcha, agardándose que a finais de 2009 estea rematado o proxecto para poder comercializar o novo sistema operativo a primeiros de 2010.

PUBLICIDADE