Windows permitirá a gravación de discos Blu-ray sen software adicional

luns, 18 de agosto do 2008

Microsoft anunciou que unha actualización para Windows Vista, XP e Server coñecida coma Feature Pack for Storage permitirá gravar contidos en discos Blu-ray sen precisar de software adicional para tal operación, o que dá a entender que a compañía de Redmond xa pechou o capítulo no que apoiaba ao desaparecido formato HD DVD.
A actualización tamén permitirá protexer con contrasinal os contidos almacenados en memorias USB e incorpora o soporte de novos tipos de tarxetas intelixentes.

PUBLICIDADE