Xa hai gañadores na votación en liña do certame 2010 de Cantalingua
martes, 20 de abril do 2010
- Os integrantes de Avante!
A convocatoria 2010 do certame Cantalingua, tal e como se pode ver na súa web e tivemos ocasión de escoitar na máis recente edición especial de Aberto por Reformas, xa ten gañadores. Entre outras cousas, a achega radiofónica (presentada e dirixida por Xurxo Souto e Vituco Neira) serviu para facer un repaso polos 11 temas escolmados polo xurado do concurso. Segundo fixeron saber Souto e Neira, en terceiro lugar da clasificación principal quedou Kastomä con o tema A infancia e de segundo GarcÃa MC cantando a Celso Emilio Ferreiro en Deitado frente ao mar.
A primeira posición foi para Machinazón de Machina.
Polo que se refire aos gañadores da votación pola Rede na que participaron os seareiros-internautas da música galega, dicir que o tema Galiza Metal, cun total de 22.185 votos, fÃxose co primeiro posto da listaxe.
A dita canción, por certo, vén da man de Avante!, grupo de Val de Loureda (A Coruña).
Polo que atinxe ao segundo e o terceiro posto, foron para Terra de Ninguén (dos santiagueses Meiga do Norte) e O Cativo (Pito de Pikasso, tamén do eixe compostelán), respectivamente. A listaxe final fica deste xeito:
Galiza Metal 4.17de 22185 (Votos)
Terra de ninguén 3.11de 2992 (Votos)
O Cativo 3.11de 1657 (Votos)
O galo do corral 3.1de 18783 (Votos)
Ata na sopa 3.1de 2547 (Votos)
Because e abrasºs 3.1de 1817 (Votos)
Irmandinho Som 3.09de 14848 (Votos)
Botalle terra 3.09de 12902 (Votos)
Sáeme do lombo 3.08de 1231 (Votos)
Quimbumbia 3.05de 1519 (Votos)