Xa se poden enviar abstracts ao VI Congreso XoveTIC que se celebra en outubro
xoves, 1 de xuño do 2023
O VI
Congreso XoveTIC organizado polo CITIC (Centro de Investigación TIC)
da Universidade da Coruña, unha cita referencial para dar
visibilidade ao talento tecnolóxico das novas xeracións de
investigadoras e investigadores, celebrarase os días 5 e 6 de
outubro de 2023 no dito centro coruñés de novas tecnoloxías e máis
na Facultade de Informática da UDC.
Desde
o pasado 29 de maio e ata o 23 de xuño está aberto o prazo de
recepción de abstracts. As contribucións presentadas ao
congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados
noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados
nun libro de actas.
Entre
todas as comunicacións orais presentadas, concederanse premios en
metálico aos traballos mellor valorados por parte do comité
científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.
Máis información na web do
congreso.