Xapón prepárase para dicir adeus aos buscas

martes, 4 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que temos a imaxe de que países como Xapón están sempre na vangarda da tecnoloxía, por exemplo, estreando canle de televisión en 8K, tamén acontece todo o contrario, e resulta que medio século despois do lanzamento dos buscas a compañía Tokyo Telemessage continúa a ofrecer este servizo de telecomunicacións que dende que existen os móbiles con SMS poderiamos considerar obsoleto.
Concretamente quedan uns 1.500 usuarios no Xapón que aínda empregan o servizo de busca e, ao parecer, a meirande parte deles son persoal sanitario, xa que móvense en instalacións nas que o sinal dos smartphones non é sempre é bo para recibir mensaxes.
Finalmente Tokyo Telemessage entendeu que era hora de deixar morrer o servizo, e deixou de aceptar altas hai 5 anos e agora prepárase para o seu peche, fixado para setembro de 2019.
O servizo de buscas chegara ao seu apoxeo no capón en 1996, cando conseguira superar os 10 millóns de unidades, cando conseguiu certa popularización entre a mocidade, dun xeito semellante ao que aconteceu en España, curiosamente no mesmo ano, cando Coca-Cola en colaboración con Motorola puxo en marcha unha promoción a través da que puxeron en circulación 300.000 beepers que durante uns meses conseguiron ser un produto de moda que, ao pouco, cedeu o testemuño ás mensaxes de texto.

PUBLICIDADE