Xoel López versiona Quen puidera namorala</Em> para o PSdeG

venres, 30 de xaneiro do 2009

O PSdeG estaba a utilizar unha versión instrumental do tema Quen puidera namorala na súa pre-campaña, pero esta mañá a través da conta de Facebook de Emilio Pérez Touriño presentouse en primicia unha versión do tema interpretada polo músico coruñés Xoel López (Deluxe), que xa pódese descargar de balde en formato MP3.
Sorprende que se elixise Facebook como plataforma de lanzamento deste tema musical, pero é un indicador máis de que as redes sociais baseadas na Internet están a xogar un importante papel nas campañas electorais contemporáneas.

PUBLICIDADE