Xorde dende a Rede o primeiro filme pornográfico rodado en galego
venres, 17 de setembro do 2010

- O actor galego Totó GarcÃa nunha rodaxe perante a Giralda de Sevillla
As propostas lanzadas en GalegoLab para promover a nosa lingua por camiños ata o de agora apenas transitados seguen a converterse en realidades unha tras outra. Entre as iniciativas que máis orixinalidade e apoios presentaron ao longo destes meses atópase sen dúbida a de normalizar a presenza do noso idioma no cinema pornográfico, e todo isto cunha serie de valores engadidos, alén das diferentes partes postas en xogo, que xa quixeran posuÃr produtoras de maior investimento. AsÃ, por primeira vez en moito tempo na historia deste xénero, haberá guión. O filme, articulado en cinco historias de quince minutos cada unha, conta coas achegas de escritoras/es galegas/os de primeira liña: Iolanda Zúñiga, Begoña Paz, Alejandro Tobar, Diego Ameixeiras e Xabier Cid. Malia ter o seu xermolo en GalegoLab, o proxecto xa hai tempo que botou a andar de xeito independente.

- Logotipo de O Divino Ferrete
Amais de todo isto apostarase pola descarga libre do libreto en Internet e por un tipo de distribución do filme que deixa de lado a arela de beneficio para inserirse dentro da cultura libre, neste caso ao acubillo da licenza Creative Commons, o que entre outras cousas significa que poderemos acceder de balde ao filme e usar as súas imaxes sempre e cando respectemos o recoñecemento das súas autorÃas.
A idea é ceibar as canles de comunicación coa sociedade galega do meirande número de atrancos, co fin de lograr unha mensaxe de normalización do galego máis potente. A pelÃcula, que se chamará O divino ferrete (en alusión e homenaxe a O divino sainete de Curros), estará dirixida por Chema Gagino e contará entre outros actores coa presenza dos galegos Totó GarcÃa e Yara Lamas, participación que confirma a vontade dos seus responsables de acadar un produto cen por cen da nosa terra, dende a primeira etapa da filmación ata a última. O orzamento con que se vai contar non semella moi alto, de entre os 2.000 e os 3.000 euros, pero segundo apunta o equipo de rodaxe será de abondo.
