Xornada Green IT, da man de Coremain

mércores, 29 de outubro do 2008

O vindeiro día 30 de outubro de 2008 vai ter lugar no salón de actos de Coremain en Santiago de Compostela, unha xornada verde sobre rendemento e eficiencia enerxética, da man dos principais responsables da entidade galega.
Entre outras cousas, neste acto, que se fai chamar Green IT, trataranse temas como a crise enerxética, as redes eficientes, as tecnoloxías de virtualización ou a xestión dun Centro de Proceso de Datos Virtualizado.
Os asistentes terán oportunidade de facer as preguntas que desexen e ao final da xornada, alá polas dúas do mediodía, haberá un viño español para todos.

PUBLICIDADE