Yahoo despide a 1.000 traballadores

mércores, 13 de febreiro do 2008

Pese ó movido panorama corporativo de Yahoo, que se reparte entre alianzas con outras empresas e ofertas de compra (que poderían chegar a producirse de xeito hostil) a compañía non cesa as súas medidas de reestruturación do seu cadro de persoal, de xeito que reducirá os seus 14.300 traballadores nun 7%, o que se traduce no despido de 1.000 empregados.
Estas medidas drásticas se emprenden tras unha redución dos beneficios da compañía, que ten que reducir gastos para mellorar a súa conta de resultados.

PUBLICIDADE