Yahoo! e Nokia pechan unha alianza estratéxica global
martes, 25 de maio do 2010
Esta semana Yahoo! e Nokia pecharon unha alianza para ofrecer servizos integrados de xeito que combinarán os seus produtos de mapas, mensaxería instantánea e correo electrónico, quedando Yahoo! coma provedor de Ovi Mail e Ovi Chat, á vez que Nokia introducirá nos seus terminais os servizos de mapas e navegación de Yahoo!.