Youtubeir@s colle impulso cunha biblioteca vivinte de creadoras e creadores
martes, 18 de xuño do 2019
A
nova edición do certame Youtubeir@s,
o concurso dos nosos concellos e universidades para invadir as
redes con vÃdeos en galego de creadoras e creadores de todas as
idades, chega os dÃas vindeiros a un novo punto de inflexión: unha
pausa colaborativa para coller impulso definitivo. Estamos a falar do
encontro Lista de reprodución o vivo, que se desenvolve o 28
de xuño no edificio CEA da Universidade de Santiago, entre as 18.00
e as 20.00 horas. Será unha nova cita para intercambiar
coñecemento, recursos e habilidades entre as/os integrantes da longa
e frutÃfera comunidade youtubeira: creadoras, creadores e,
como non, público seareiro.
Como
lembraremos, o concurso vén da man dos servizos de normalización
lingüÃstica dos concellos de A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A
Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo,
Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a
Deputación da Coruña .
O
número de prazas para participar na actividade do dÃa 28 é
limitado, polo que os e as interesadas deberán inscribirse antes do
26 de xuño enviando un correo electrónico a
formacion@youtubeiras.gal.
Terceira
edición
Youtubeir@s
chega este ano á súa terceira edición baixo o lema Conéctate á
comunidade e multiplÃcate, co que busca non só aumentar o
número e a calidade de vÃdeos e persoas creadoras en galego, senón
tamén fortalecer as conexións e as interrelacións da comunidade
youtubeira. Con este obxectivo, nos últimos meses
desenvolvéronse varios obradoiros e charlas en diversos centros de
secundaria, e programáronse dous encontros durante este mes de xuño.
O
segundo destes obradoiros celebrarase o 28 de xuño, entre ás 18.00
e ás 20.00 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC, situado na
Finca de Vista Alegre de Santiago de Compostela.
Segundo
informan as entidades organizadoras, esta Lista de reprodución ao
vivo emulará as bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de
xadrez simultáneas, de xeito que as persoas creadoras agardarán no
seu posto as visitas dos/as espectadores/as. Desta maneira e seguindo
o fÃo desta fómula, cada youtubeir@ levará temas preparados
para analizar e o público, que irá rotando entre os diferentes
postos, poderá realizar preguntas e interactuar cos vÃdeos
vivos. Cada un destes encontros durará un máximo de 20 minutos.
Ao final desta rolda individual, abrirase a todos os seareiros para
poñer en común e compartir experiencias. Nesta ocasión, o acto
estará dinamizado por Xandobela, un grupo de profesionais da
educación e da dinamización sociocultural. O público que desexe
participar deberá inscribirse antes do 26 de xuño a través do
correo formación@youtubeiras.gal.
Esta
xornada é a última quedada organizada para este mes de xuño,
despois de que o sábado 8 tivese lugar na Coruña o evento
Youtubeir@s en conexión, un espazo para reflexionar sobre temas
como o panorama creativo nesta plataforma dende varios ámbitos, a
cuestión lingüÃstica na Rede, a perspectiva temática ou o eido de
fomento de públicos. A actividade foi dinamizada por Ben Curiosa.