Zarpamos, unha aceleradora de empresas tecnolóxicas que prepara o seu lanzamento na Coruña

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Manuel García nunha intervención durante a primeira edición galega de Betabeers</A>

O vindeiro 1 de outubro vai botar a andar na Coruña unha nova aceleradora de empresas de capital privado, dirixida a emprendedores que teñan como proxecto unha aplicación móbil e que está encabezada por Manuel García García, un dos responsables de Galicia en Coworking e España en Coworking, e con experiencia no sector (fundou hai máis de 2 anos NikoNiko Mobile).
Esta nova aventura empresarial responde ao nome de Zarpamos, e quere axudar a emprendedores con financiamento económico, mentorización, formación, asesoramento e co-working coa axuda da Fundación Ronsel.
Esta aceleradora de negocios está aberta á colaboración con outras empresas, institucións, investidores e profesionais con experiencia. Pode contactarse con Manuel García a través de correo electrónico ou no teléfono 649 686 119.

PUBLICIDADE