iPlus: o novo receptor de Digital+
martes, 25 de setembro do 2007
A televisión dixital por satélite en España actualÃzase
co lanzamento
do novo iPlus por parte de Digital+, que é un receptor de nova xeración que
incorpora un disco duro de 160 Gb que permite gravar e reproducir en calquera
momento máis de 80 horas de programación mediante o mando a distancia e a GuÃa
da Programación.
O novo descodificador incorpora 4 sintonizadores, de xeito que se pode ver unha
canle diferente á que se está a gravar tanto nas emisións de Digital+ como das
de TDT (o receptor fusiona a oferta das dúas plataformas) o que abre ós
usuarios a posibilidade de seleccionar e decidir cando ven os seus programas
favoritos.
Anuncio de iPlus no que se promociona a súa capacidade de gravación | Promición televisiva da función de time-shifting |
O iPlus tamén ten funcionalidades
de time-shifting, ou sexa, que pode
deter unha emisión en directo ou repetir as últimas secuencias, podendo volver
logo ó directo. Pero o máis impresionante deste novo terminal é que xa vén
preparado para o futuro, de xeito que abrirá as portas á televisión en alta
definición cando se incorpore ás emisións de Digital+, inclúe un porto USB 2.0
(que poderÃa servir para engadir discos duros adicionais) e mesmo un porto
Ethernet (o que poderÃa servir para achegarse a servizos baseados en IP como vÃdeo
baixo demanda), aÃnda que o que máis notarán os seus usuarios é o seu
procesador de 300 MHz e os seus 128 Mb de memoria, que fan que o seu uso sexa
moito máis áxil que nos receptores actuais.
O novo terminal ten un prezo inicial de 395 euros e os clientes de Digital+ xa
o poden pedir ó servizo de atención telefónica.