iTunes supera a Amazon na venda de música

luns, 25 de xuño do 2007

A tenda de música de Apple, iTunes, converteuse na terceira empresa en venda minorista de música nos EE.UU. tras Wal-Mart e Best Buy que teñen o 15,8 e o 13,8% do mercado respectivamente, mentres que iTunes se achegou ó 10% superando a Amazon (que quedou só co 6,7%).
A tenda virtual iTunes beneficiaríase das boas vendas de iPods, o que lle valeu unha posición inimaxinable hai pouco, que tamén destaca o éxito das vendas de descargas a través da Rede nos EE.UU. (en Europa, pola contra, son as descargas de tons para o móbil as que tiran das vendas electrónicas).

PUBLICIDADE