nVIDIA desminte o retraso dos seus procesadores Tegra 2

luns, 5 de abril do 2010

Nos últimos días circulou o rumor de que había problemas de entrega dos procesadores nVIDIA Tegra 2, o que faría imposible que moitos produtos (dende reprodutores multimedia ata tablets) previstos para o verán tivesen que chegar no outono, pero finalmente nVIDIA saíu a desmentir tal información, asegurando que están a cumprir co calendario previsto para esta tecnoloxía que mellora considerablemente as aplicacións multimedia portátiles.

PUBLICIDADE