A Hover Camera proponse como un dron persoal
luns, 27 de xuño do 2016
Coa emerxencia dos drons moitos pensamos en facer realidade
fantasÃas de gravación de vÃdeo e captura de fotografÃas que até o momento
poderiamos considerar imposibles, pero pouco a pouco este soño tropezou coa
realidade, e na meirande parte do mundo xurdiron lexislacións para por cancela
a estes trebellos cada vez máis baratos, pero algúns fabricantes queren que
continuemos a soñar, e en vez de apostar por grandes dispositivos voadores aos
que poder conectar unha cámara, pensan máis en cámaras voadoras, que operen
como drons persoais, e que funcionen
sen problema en interiores, de xeito que serÃan máis xoguetes que vehÃculos non
tripulados, evitando asà o problemas regulatorios.
Nesta liña está a ultimarse o lanzamento da Hover
Camera, produto que pode controlarse co noso smartphone e que integra unha
cámara capaz de disparar fotografÃas de 13 MpÃxeles e gravar vÃdeo en ultra
alta definición, construÃdo nunha estrutura encartable de fibra de carbono,
polo que serÃa moi transportable e promete converterse en todo un éxito ao
comercializarse a un prezo por debaixo dos 600 dólares.
Estamos ante un trebello desenvolvido por Zero Zero Robotics, compañÃa
chineso-americana que leva dous anos traballando no proxecto que verá
a luz en poucos meses e que inicialmente porase á venda en EE.UU. e China, para
chegar un pouco despois a Europa.
Temos asà que estamos cada vez máis preto de poder ter unha cámara voando ao
noso redor, conseguindo asà uns selfies
até o momento imposibles, pero tamén podendo realizar impresionantes gravacións
de vÃdeo en interiores, que tanto servirÃan para realizar filmacións
controladas manualmente, seguimento de obxectivos ou imaxes panorámicas,
funcionalidades que até o momento só viamos en complexos drons como os de DJI,
pero que nuns meses poderÃan chegar ao ámbito doméstico.
VÃdeo promocional da Hover Camera