Mobify amplÃa a súa frota de vehÃculos
venres, 3 de maio do 2024
Mobify, un proxecto de carsharing flexible desenvolvido por mozos emprendedores ourensáns, que perseguen ofrecer en calquera momento que se precise un coche para desprazarse, pagando só polo seu uso, presentou a súa nova frota nun acto no que un dos seus fundadores, José Manuel MartÃnez, asegurou que «se tes móbil, tes coche: en menos de 20 segundos reservas o coche, ábrelo, préndelo e arráncalo, todo simplemente co teu propio móbil».
Mobify pretende atender á deficiencia de mobilidade que conecte cidades, zonas periurbanas, rurais e emprazamentos turÃsticos dentro de Galicia, e coa súa nova frota de vehÃculos hÃbridos reforza os puntos de entrega que xa existen na provincia de Ourense, estando previsto que en breve chegue ao resto de provincias galegas.
José M. MartÃnez asegura que «cada vehÃculo de carsharing suprime das cidades entre 12 e 16 vehÃculos particulares, liberando espazo público e deixando espazo para a xente, sen perder o servizo». Ademais, ao ter unha flota de vehÃculos moderna e renovada cada 2 ou 3 anos, fai das cidades sitios máis seguros, evitando incidentes e atropelos, grazas aos enormes avances tecnolóxicos no sector.
A compañÃa de cardsharing presume de ter a oferta máis competitiva do mercado, ofrecendo os 5 primeiros quilómetros de balde e, a partir de aÃ, «a metade do que custa un café», converténdose nunha solución de mobilidade para boa parte da sociedade.
Mobify ofrece dúas modalidades de aluguer: Share (cardsharing por perÃodos curtos e sen ter que achegarse a unha ofixina) e Rent (con aluguer de vehÃculos por dÃas).
A compañÃa está a estrear unha renovada aplicación móbil para iOS e Android, dende a que poder dixitalizar os documentos de identidade do usuario para poder darse de alta e, aos poucos minutos, poder pasar a empregar os seus servizos e localizar o Mobify máis próximo para poder reservalo.
A previsión de Mobify é cuadriplicar a súa frota de vehÃculos nos vindeiros meses, asà como expandir os puntos de entrega a novas cidades e vilas galegas. O obxectivo é ter máis de 200 vehÃculos con puntos de recollida e entrega distribuÃdos por toda Galicia e incluso o Norte de Portugal.