Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A iniciativa galega Enelatril proclámase gañadora do YuzzDay 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A iniciativa galega Enelatril proclámase gañadora do YuzzDay 2016

Redacción
Publicado: 10/05/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A creadora do proxecto Enelatril logo de recoller o seu galardón en Santander
A creadora do proxecto Enelatril logo de recoller o seu galardón en Santander
A start-up galega Enelatril vén de proclamarse gañadora no certame #YuzzDay 2016, onde obtivo o primeiro premio. Recibiu o galardón a creadora da iniciativa, Andrea Aguilella Merelas, do centro Yuzz Santiago de Compostela. Andrea conseguiu impoñerse entre máis de medio milleiro de emprendedores de todo o ámbito estatal, que se deron cita no YuzzDay celebrado en Santander, un evento inserido no programa Yuzz que coordina CISE co mecenado de Banco Santander, a través de Santander Universidade, sendo os partners oficiais do Centro Yuzz Santiago a Universidade compostelá (a USC) e máis a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. A xornada contou cun mercado de ideas, espazos maker, presentacións, demostracións e unha manchea de actividades de traballo en rede para mozas e mozos emprendedoras/es de toda España.
A creadora da iniciativa finalmente recoñecida é, como dixemos, a enxeñeira industrial Andrea Aguilella Merelas. Resultou a gañadora do concurso Este é o meu pitch co proxecto Enelatril, unha ferramenta nun primeiro paso presentada como unha aplicación e que se dirixe a permitir a preparación útil e eficaz de presentacións e relatorios para falar en público. O proxecto Enelatril foi seleccionado previamente como unha das mellores iniciativas entre as máis de 500 propostas emprendedoras que se deron cita no sexto Encontro Nacional Yuzz, celebrado nesta edición na capital de Cantabria. Andrea Aguilella defendeu o seu proxecto nun pitch de 30 segundos sobre o escenario e tivo unha caseta para explicar a súa idea aos asistentes ao evento. A iniciativa de seu recibiu finalmente o recoñecemento do público, da organización e dos patrocinadores do evento, obtendo como premio unha viaxe a Silicon Valley.
andrea_e_finalistas.jpgNo evento, entre outros persoeiros do ámbito público autonómico e do emprendemento, participou o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, quen asistiu acompañado por Ángel Pazos, reitor da Universidade de Cantabria; Federico Gutiérrez-Solana, director de CISE, e José Antonio Villasante, director xeral de Banco Santander e de Santander Universidades, quen animou a que outras cidades acollan vindeiras edicións destas xornadas de networking para mozos emprendedores. Segundo fixeron saber o gran obxectivo do YuzzDay é “fortalecer ligazóns de colaboración entre participantes, profesionais e mentores de toda España”. Ademais, sinalaron, fornece aos seus participantes a oportunidade de crear sinerxías e coñecer a traxectoria de emprendedores de primeiro nivel nunha contorna de innovación, creatividade, tecnoloxía e emprendemento.
O evento contou cos espazos de 10 UpCorners, un mercado de ideas no que dez emprendedores -elixidos entre máis de 900 participantes de toda a contorna estatal- tiraron partido dunha caseta para vender o seu proxecto e obter “financiamento ficticio” (Yuzzo$) dos asistentes, que durante esta xornada convertéronse en business angels.
andrea_co_xurado.jpgOs 3 proxectos que recibiron maior investimento pasaron ao final pitch, onde foron expostos nos seus detalles fronte a un tribunal de expertos. Este tribunal decantouse finalmente por Enelatril, aplicación creada por Andrea Aguilella do Centro Yuzz Santiago de Compostela, como gañadora da viaxe a Silicon Valley.
Os outros dous finalistas recibiron 400 euros para continuar desenvolvendo os seus proxectos: Lotness, unha start-up que desenvolve unha nanotecnoloxía que impide que os tecidos se manchen (impulsada por Daniel García do Centro Yuzz Universitat de València); e X-Migrations, unha plataforma que fomenta o turismo ecolóxico (ideada por Manuel Rafael Elena do Centro Yuzz Murcia).
Pola tarde, os mozos puideron ser protagonistas na zona maker, un espazo adicado á impresión 3D, ao desenvolvemento de aplicacións móbiles, á xeración de prototipos, á robótica e á realidade virtual. Ademais destas actividades, o evento contou con relatorios a cargo de expertos como Leandro Fernández Macho, director de Neurozona; Amparo de San José, Business Angel e directora da rede de investidores de IESE; Simón Menéndez Sardonil, responable de educación de Ashoka España, e Ana Borrego, directora de dominio de emprendemeento na área corporativa de innovación de Banco Santander.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?