Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A oferta converxente de Vodafone renóvase
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A oferta converxente de Vodafone renóvase

Marcus Fernández
Publicado: 08/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vodafone_one_parella.jpgVodafone España presenta a súa nova oferta converxente Vodafone One, que inclúe móbil, fixo, fibra e televisión, coa rede 4G máis rápida e a velocidade real da Fibra Ono, e estará dispoñible dende o 15 de xullo.
Os novos clientes gozarán das velocidades de 300, 120 e 50 Mbps (dispoñibles sobre Fibra Ono) e ata 30 Mbps (só para VDSL), mentres que as de 60 e 200 Mbps desaparecen. Ademais, en móbil os volumes de datos de Vodafone One M e Vodafone One L increméntanse en 1 GB ata os 3 GB e os 5GB, respectivamente.
Todos os paquetes de Vodafone One inclúen chamadas ilimitadas a fixos nacionais e 60 min/mes a móbiles a calquera operador nacional e acceso á maior rede de WiFi do mercado español.

Contidos
  • Nova oferta
  • Só fibra ou só ADSL
  • Segundas liñas
  • Clientes pioneiros
  • Vodafone TV, a Televisión Intelixente

Nova oferta

Os novos prezos redúcense, ata en 2 euros ou mantéñense nos plans que non cambian o volume mensual de datos móbiles dispoñibles (Vodafone One S).
Os prezos dos plans nos que se incrementa en 1 GB o volume mensual de datos móbiles dispoñibles (Vodafone One M e Vodafone One L) non cambian ou axústanse lixeiramente (con baixadas de 1 euro ou subas de 1 ou 2 euro).

Só fibra ou só ADSL

Por outra parte, os Clientes que só necesiten Fibra ou Internet ata 30 Mbps (sen móbil) beneficiaranse dun prezo vantaxoso durante os 12 primeiros meses. Por exemplo Internet ata 30 Mbps custará 36,05 euros ao mes durante os 12 primeiros meses (43 euros/mes despois da promoción) e Fibra Ono 300 Mbps por 51,05 euros/mes durante os 12 primeiros meses (59 euros/mes despois da promoción).

Segundas liñas

Vodafone One permite contratar +Líneas (segundas liñas) e +Líneas Compartidas (só con One M e One L). O plan +Líneas L inclúe 1 GB máis ao mes tanto para novos coma para Clientes de carteira, pasando de 4 a 5 GB ao mes, sen incrementar o seu prezo.

Clientes pioneiros

Por outra banda, os clientes pioneiros de Vodafone One M e L, e + Liñas L verán aumentado en 1GB/mes os seus datos móbiles mantendo o prezo co que contrataron. Tamén seguirán gozando dos 300 Mbps de Fibra Ono ao prezo de 200 Mbps.

Vodafone TV, a Televisión Intelixente

Vodafone One pódese completar con Vodafone TV, a Televisión Intelixente compatible coa Fibra Ono.
Vodafone TV Esencial con máis de 70 canles imprescindibles (FOX HD, AXN HD, TNT HD, Canle Hollywood HD,Disney XD HD, entre outros) pódese gozar de forma totalmente gratuíta con calquera paquete de Vodafone One L.
Vodafone TV inclúe as funcionalidades máis avanzadas do mercado audiovisual en España:
Plataforma coa máis ampla oferta do mercado en canles HD de alta calidade que inclúe ata 55 canles.
– Un sistema de gravación intelixente que permite gravar 3 canles á vez (con disco duro de ata 500 GB). Desta forma aos clientes poden esquecerse dos horarios e de elixir entre contidos que se emiten ao mesmo tempo.
– Control da emisión en directo, parando e rebobinando ata 2 horas atrás en calquera momento. Deste xeito, aínda que haxa interrupcións, pódese gozar da emisión dende o punto en que se deixou.
– Tamén permite recibir recomendacións personalizadas porque aprende dos gustos do Cliente. Así Vodafone TV, a Televisión Intelixente, fai suxestións ao cliente e grávaas automaticamente en caso de que así se lle indique.
– Ademais inclúe aplicacións de Internet como YouTube con acceso a todos os seus vídeos.
O servizo de vídeo baixo demanda, Videoclub, con miles de contidos dispoñibles, o 70% de balde. Cine de estrea, tempadas completas das series máis populares, unha ampla selección contidos infantís, os documentais máis premiados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?