As Oculus Rift terán un prezo de 699 euros
xoves, 7 de xaneiro do 2016
Rematou a espera, e como
anunciaran, onte abriuse
a reserva das lentes de realidade virtual Oculus Rift, desvelándose
detalles como a data de lanzamento do produto (en abril) e o prezo, que resulta
ser moi superior ao que se dera a entender, custando nos EE.UU. 599 dólares,
mentres que dende España haberÃa que pagar 699 euros para facerse coa desexada
solución de realidade virtual.
Polo momento a reserva das Oculus Rift só pode facerse dende
20 paÃses (entre os que figura España) e pese ao elevado prezo do produto,
xa se venderon todas unidades da primeira remesa que se enviará a partires do
28 de marzo.
O lote de lanzamento das Rift incluirá o casco de realidade virtual con
auriculares e micrófono, un sensor e un mando de Xbox One (que poderá
empregarse co xogo Lucky’s Tale,
incluÃdo no paquete, como tamén acontece con EVE: Valkyrie). Tamén inclúese o Oculus Remote, un novo dispositivo
de entrada deseñado para navegar polas experiencias de realidade virtual.
O sistema de control Oculus Touch,
que permitirÃa unha mellor interacción cos contornos de realidade virtual,
incorporando un mando a cada man do usuario, non verá a luz até o segundo
semestre do ano, aÃnda que dende Oculus aseguran que os que reserven as Rift
terán prioridade na adquisición deste accesorio.
Antes de rematar o ano tamén espérase que saian máis de 20 xogos compatibles
coas Rift, como unha versión de Minecraft,
outra de Rock Band, e tamén xogos
como Edge of Nowhere de Insomniac e The Climb de Crytek.
Para poder gozar das Rift é preciso contar cun ordenador persoal de grande
potencia, que como mÃnimo teña un procesador Intel Core i5 4590, 8 GB de RAM,
gráfica nVIDIA GTX 970 / AMD R9 290 con saÃda HDMI 1.3, 3 portos USB 3.0 e 1
porto USB 2.0, aÃnda que para facilitar a introdución nesta experiencia en
febreiro vai abrirse a reserva dun ordenador Oculus Ready que incluirá as Rift e que custará 1.499 dólares nos
EE.UU., o que posiblemente sexa o xeito máis cómodo e económico de poder gozar
desta tecnoloxÃa.
Sobre o prezo das Rift, o fundador da compañÃa, Palmer Luckey, atendeu
nas últimas horas a preguntas dos usuarios a través de Reddit, para dar
conta de que non gañan cartos co seu produto e recoñecer que errou ao dar a
entender no pasado que as Rift custarÃan 350 dólares, cando ese era o prezo do
segundo kit de desenvolvemento, que incluÃda tecnoloxÃas menos avanzadas das
que ten o produto final.
Luckey incluso asegura que por 599 dólares as Rift son un produto moi
económico, xa que estarÃa na liña do que custan moitos smartphones e
televisores, cando a tecnoloxÃa integrada está moito máis avanzada, con 2
pantallas OLED cunha velocidade de refresco altÃsima e unha elevada densidade
de pÃxeles, e unha serie de tecnoloxÃas se seguimento de movemento que fai que
no estado actual da tecnoloxÃa sexa imposible ofrecer unha experiencia de
realidade virtual de calidade por menos cartos. De feito, incluso comenta que o
mando de Xbox One incluÃdo no lote practicamente saÃulles de balde (grazas a un
acordo con Microsoft) de xeito que os usuarios pagan practicamente só polas
lentes (e os impostos adicionais, que no caso europeo incrementan seriamente o
prezo do produto final).
- Asà entregaranse as Rift aos usuarios que as reserven