Até 20 expertos en algoritmos comparten coñecemento avanzado no evento StringMasters do CITIC
xoves, 21 de xaneiro do 2016
A
sede do CITIC
acolle até hoxe o encontro
StringMasters
A Coruña 2016, que ten como
principal obxectivo o reunir a investigadores de string
algorithms, para
quen non o saiba algoritmos sobre secuencias e cadeas que localizan
pautas, claves e patróns no seo dunha macro-información.
Organizado polo Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da
Coruña, está a xuntar, compartindo información e asumindo retos
conxuntos, máis de 20 expertos na materia. A primeira edición deste
encontro tivo lugar na Universidade de McMaster (Canadá) en 2007, e
esta é a primeira vez que se celebra na cidade da Coruña. Para
enxergar o alcance e implicación do evento falamos con Susana Ladra,
co-organizadora do mesmo.
Ladra
lémbranos, entre outras cousas, que os devanditos algoritmos poden
ter aplicación en múltiples ámbitos de interese sobre un mellor e
máis amplo coñecemento de nós mesmos: dende a bioinformática e a
bioloxÃa computacional (estudo pormenorizado do noso ADN) até o
procesamento da linguaxe natural e a recuperación da información.
-Cal
é o obxectivo desta xuntanza? Cara a quen se dirixe? Estudantes ou
investigadores?
-Pois
ten como obxectivo reunir a investigadores en temas de investigación
relacionados con string
algorithms,
e estudar problemas abertos e de especial interese teórico e
práctico que existen actualmente neste eido de actividade. Está
dirixido a investigadores da área de todos os niveis (investigadores
experimentados, estudantes, especialmente de doutoramento), e
explotar todas as sinerxÃas e coñecementos dos participantes. É
unha forma tamén na que os estudantes que se están a iniciar na
investigación poden achegarse a expertos no campo e comezar
traballos conxuntos con eles.
-O
eixe temático das xornadas son os string
algorithms, un concepto relativo
á computación e que se emprega en traballos onde se manexan grandes
cantidades de datos. Para quen non o saiba e non estea familiarizado
con estes termos, que son os string
algorithms? Cales serÃan as
súas principais aplicacións na actualidade?
-O
termo string algorithms
refÃrese en xeral a aqueles algoritmos que traballan sobre cadeas de
caracteres e secuencias, e que resolven problemas como a procura
exacta ou aproximada de patróns (pattern
matching), busca de repeticións en
coleccións de textos, etc.
Por
exemplo, existen numerosos algoritmos deseñados especificamente para
as secuencias de ADN, que non son máis que cadeas de catro
caracteres diferentes (G,A,C,T), de forma que é posÃbel resolver
diferentes problemas, desde os máis sinxelos, como pode ser a
comparación de dos secuencias de ADN, até algoritmos máis
complexos, como é o secuenciado dos xenomas. Con este exemplo pódese
ver tamén a importancia de atopar algoritmos eficientes que permitan
manexar grandes cantidades de datos, xa que podemos vernos na
situación de ter que operar cunha base de datos de miles de xenomas
de humanos (cada un de miles de millóns de bases), o que pode
conformar conxuntos de datos de tamaño de terabytes.
Amais
de no eido da bioinformática e a bioloxÃa computacional, estes
algoritmos teñen aplicación en diferentes áreas como en
recuperación de información, minerÃa de datos, procesamento da
linguaxe natural, visión artificial, compresión de datos, música,
etc., e, en xeral, enfócanse desde a análise e deseño de
algoritmos e estruturas de datos.
-Sinálase
no programa do encontro StringMasters
que se está a apostar pola fórmula da auto-organización para o
desenvolvemento das actividades? En que consiste isto?
-Unha
das caracterÃsticas principais do encontro é efectivamente o
desenvolvemento das reunións de traballo, xa que estas xorden da
interacción entre os participantes. RealÃzanse sesións en
común onde os investigadores explican de forma concisa diferentes
problemas abertos nos que están a traballar ou nos que están
interesados, e fórmanse grupos de traballo pequenos, normalmente de
entre 2-5 investigadores que teñen interese nun mesmo problema.
Desta maneira, refórzanse colaboracións existentes anteriormente e
tamén se xeran novas colaboracións, tanto entre investigadores
experimentados coma con novos estudantes. AsÃ, o encontro
desenvólvese de forma paralela en varias salas de reunións
habilitadas co imprescindible para a investigación: encerado,
papeis, bolÃgrafos e concentración.
-Os
encontros StringMasters
do CITIC non son novos. De feito, trátase de eventos con carácter
internacional e itinerante que teñen a súa orixe na
Universidade de McMaster (Canadá) en 2007. Como foron dar á Coruña?
É certo que se trata da primeira vez que se celebran na nosa terra?
-Efectivamente
os encontros StringMasters levan celebrándose en diferentes sedes
desde hai case 10 anos, e contan xa con máis de 20 edicións
organizadas en catro continentes, o que da unha idea da
internacionalidade e éxito destes encontros. Este será o primeiro
que se celebra en A Coruña, de feito nunca antes se celebrou en
España. O impulsor desta edición coruñesa do encontro foi
precisamente un investigador canadense que está actualmente como
investigador invitado no grupo que organiza o encontro, o Laboratorio
de Bases de Datos, quen asistiu a varias xuntanzas no pasado e
animounos a organizar o evento aquÃ. Ademais, o evento serve tamén
como lanzamento do proxecto europeo BIRDS (Bioinformatics
and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design),
proxecto de H2020 que está coordinado polo grupo, e que durante os
vindeiros catro anos ten como misión avanzar no eido da análise e
deseño de estruturas de datos en bioinformática e recuperación de
información, que como indicamos anteriormente, son escenarios onde
os string
algorithms
son de vital importancia.
-Que
destacarÃa vostede do programa de actividades?
-En
xeral os encontros non teñen un programa formal, senón que está
conformado simplemente polas sesións de traballo en grupos pequenos.
AsÃ, o máis destacado serÃa a primeira sesión de posta en común
de problemas abertos. Nós incluÃmos dúas actividades no programa,
que son a lectura dunha tese doutoral dun estudante da UDC e que está
totalmente enmarcada na temática do evento, e os eventos de
lanzamento do proxecto europeo BIRDS, tanto a presentación oficial
ante investigadores expertos da área que servirán como avaliadores
externos do propio proxecto, como a reunión inicial do proxecto
entre os coordinadores das diferentes institucións involucradas no
mesmo (Universidade da Coruña, Universidade de Helsinki, Instituto
INESC-ID de Lisboa, Universidade de Chile, Universidade de
Concepción, Universidade de Melbourne, Universidade de Kyushu, e
Enxenio S.L.).
-Que
vantaxes van poder tirar do evento os investigadores que participen
no mesmo? Mellorar a súa experiencia e capacitación? Actualizar
contidos? Cooperar con outros investigadores en réxime de igual a
igual?
-Este
tipo de encontros son unha oportunidade única para que os
investigadores con intereses semellantes poidan coñecerse, crear ou
fortalecer relacións e colaborar conxuntamente. Desde logo é un
marco perfecto para actualizar os coñecementos, xa que póñense en
común os problemas abertos que existen na comunidade. Ademais, as
sesións están deseñadas para que os investigadores traballen de
maneira moi efectiva, en pequenos grupos e de forma concentrada, de
xeito que é moi habitual que xurdan resultados e avances nos
problemas que se atacan.