Carballo quece motores para o terceiro Festival Interplay de webseries
venres, 1 de abril do 2016
Ao
longo dos días 5, 6 e 7
de maio Carballo acollerá a terceira edición do Festival de
Contidos Dixitais Carballo Interplay, un concurso de webseries
que prevé recibir máis de 120
propostas chegadas de todo o mundo, cunha participación case
igualada entre obras españolas e internacionais. Amais de 9
webseries
en versión orixinal en galego e 58 do resto do Estado, participan na
competición 55 webseries
de produción internacional chegadas de: Arxentina, Nova Celandia,
Inglaterra, EE.UU., Colombia, Irlanda, Italia, Austria, Canadá,
Brasil, Francia, México, Alemaña, Uruguai, Suíza. En canto a
novidades, o CIP incorpora este ano un novo premio, de 1.500 euros,
para o mellor proxecto de serie en liña en galego. As persoas que
queiran optar a este novo galardón poden facelo aínda até o 11 de
abril, toda a información está dispoñíbel na
web do Festival Interplay.
Dende
a organización do Carballo Interplay informan que neste encontro
estarán presentes youtubers,
vídeo bloggers, pranksters e
viners
coñecidos dentro e fóra de Galicia como Dulceedeleche
ou Tworumbel,
os Páramo
Pictures, os Poetarras
e os responsábeis da webserie Fame.
Como exemplo de youtuber
temos a Carlota Núñez, unha das autoras galegas máis seguidas, con
máis de 68.000 subscritores na súa canle Dulcedeleche e 42.000
seguidores en Instagram. Coruñesa de 22 anos e estudante de
produción audiovisual, leva dende 2012 publicando vídeos sobre o
seu día a día, que narra no seu vídeoblog, e as súas
paixóns.
Outro exemplo da nosa terra é Diego Novelle, Tworumbel,
outro youtuber
coruñés con máis de 12.000 subscritores. A súa canle baséase no
humor na rúa. Con el coñeceremos o xénero
youtuber
dos pranksters
(canles adicadas ás brincadeiras) e cal é o tipo de humor que atrae
a adolescentes e universitarios hoxe en día.
Rubén
Lino é membro do grupo Poetarras, gañador do premio á mellor
webserie
en galego no I Carballo Interplay en 2014. Músico e cómico, a súa
especialidade é facer humor en Vine, unha rede social móbil baseada
en vídeos de non máis de 6 segundos. É dos poucos viners
que publica vídeos baixo a etiqueta #VineGalego
E falando de
contidos dixitais en galego, estes serán o eixo dunha das liñas de
traballo deste Carballo Interplay, que baixo o título: Hai
lingua para o tubo?
afondará sobre que tipo de contidos audiovisuais para Internet fanse
en galego, cal é a presenza destes contidos, que temáticas e claves
abranguen ou cal é o público. E, para facelo, pasarán polo CIP os
Páramo Pictures, unha produtora de Lugo que triunfa en internet coas
súas parodias de éxitos musicais adaptados ao mundo rural. Tamén
acudirán ao certame de Carballo os Poetarras, un colectivo
“arterrorístico” formado por Manuel Gago, Pablo Lamosa, Rubén
Lino e Daniel Vilaverde que gañaron en 2014 o premio á mellor
webserie
en
galego no I Carballo Interplay e son especialmente coñecidos polas
súas cancións e videoclips con éxitos como Lambeconas,
a versión de Roar
de Kate Perry adicada a Feijóo ou a que lle adican ao río Anllóns,
creada especialmente como homenaxe a Carballo a partir da canción
I’m
Yours
de Jason Mraz.
Asemade, o Concello e a organización do evento
completan a oferta cun ciclo formativo que se desenvolve nestes meses
previos, o FormaCIP, que nesta edición ampliou a súa oferta tamén
á xente miúda. Novas narrativas, mercadotecnia dixital, novas
tecnoloxías, produción e financiamento audiovisual, dirección de
actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino,
paleta gráfica codeco
ou emoticonas analóxicas que se desenvolve dende o pasado 12 de
marzo e até a mesma fin de semana do Festival.