Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carmela Silva e Elena Gómez de Pozuelo inauguran SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carmela Silva e Elena Gómez de Pozuelo inauguran SmartPEME

Redacción
Publicado: 14/07/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

depu_pontevedra_inauguracion_smartpeme.jpgEste mércores celebrouse en Pontevedra, da man da Deputación, a estrea oficial de SmartPEME, o programa da entidade provincial para potenciar e adaptar aos novos tempos e necesidades das nosas empresas e autónomas/os a rede CPAE 2.0 (Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, iniciativa constituída por seis centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías e con sedes en Lalín, Cambados, Vigo, Pontevedra, Ponteareas e Porriño). O arrinque de SmartPEME veu da man da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e de Elena Gómez de Pozuelo, experta en innovación e emprendemento feminino ligado ás novas tecnoloxías da información. No transcurso da sesión, Silva puxo a Gómez de Pozuelo como “exemplo de que o novo mundo dixital no que vivimos tamén está chamado a ter protagonistas a caras femininas como a desta muller”, na actualidade, engadiu, “unha das persoas máis influentes no emprendemento TIC”.
Carmela Silva agradeceu a presenza de Gómez del Pozuelo na xornada para amosar o importante traballo das mulleres que “hoxe en día dan un paso adiante para emprender e para chegar a ocupar un lugar nos espazos de decisión”. Ademais, a presidenta salientou a importancia de contar “con figuras de primeiro nivel” como Elena Gómez del Pozuelo para dar a coñecer, a través da súa experiencia, o novo proxecto SmartPEME a emprendedores, PEME e autónomos da provincia. Trátase, nas súas palabras, “dun proxecto ambicioso que pretendemos sexa un referente neste mundo dixital no que vivimos, un modelo de como as administracións e o sector privado podemos traballar xuntos para lograr que as cousas funcionen”. Segundo fixo saber, cumpría darlle unha viraxe á rede CPAE 2.0 adaptándoa aos novos tempos, xa que se trata dun servizo que “só funcionará se somos quen de ser moi porosos e deixamos que os protagonistas sexan os concellos e o tecido empresarial da provincia, escoitando as súas necesidades e demandas e ofrecéndollas”.
Polo que respecta á intervención de Gómez del Pozuelo, fixo un percorrido pola súa traxectoria profesional no eido das novas tecnoloxías cun relatorio desenvolvido baixo o seguinte epígrafe: Atopar o lugar da túa empresa na nova era dixital. Segundo fixo saber, as pequenas e medianas empresas teñen moito que dicir no ámbito do desenvolvemento dixital e na transformación das nosas economías, como tamén teñen un papel fundamental que representar as propias mulleres no ámbito do coñecemento e a innovación. Reflectindo as palabras de Lagarde, a presidenta do FMI, afirmou que “cando ás mulleres vailles ben, aos países vailles ben”. Porén, para acadar esta situación ideal, é máis preciso ca nunca “loitar contra a fenda de cristal que impide que as mulleres cheguen ás cúpulas de todos os sistemas”, informou.
Co fin de tirar o máximo proveito das oportunidades que ofrece “este actual mundo cambiante”, Gómez del Pozuelo falou de “catro claves imprescindibles”. A primeira delas, cambiar a visión e a cultura da empresa, apostando por unha empresa innovadora, transparente, conectada, flexible e áxil. A segunda pasa por centrarse nos traballadores, dándolle poder e decisión ao equipo, tendo “traballadores empoderados e embaixadores”, incidindo na flexibilidade e na cultura colaborativa. A terceira clave consiste en impulsarmos empresas centradas nos clientes, buscando sempre que a sensación que lles quede sexa positiva. A cuarta é aproveitar os novos modelos de negocio que van xurdindo.
Elena Gómez del Pozuelo rematou amosando dous casos prácticos de dúas empresas que se adaptaron a esta nova economía dixital. Unha delas, Bebedeparis, é unha empresa física de máis de 20 anos de historia, que se transformou na actualidade nunha empresa dixital que xa vende a todo o mundo e é líder de ventas do seu sector en España. Outro exemplo foi o de Womenalia, un proxecto que xa naceu na era dixital e que chegou ser a primeira rede de networking mundial de mulleres profesionais.
Para visualizar na xornada deste mércores 13 as potenciais vantaxes de SmartPEME, deuse paso a dúas intervencións máis. Por unha banda a de Silvia Crespo, que explicou como grazas a SmartPEME (antes CPAE 2.0), puido lograr que a súa firma, Bienbonito, mellorase na comunicación cos clientes, na promoción dos seus produtos, na optimización de tempo e recursos e na xestión do negocio. E pola outra a de Yolanda Bóveda, quen debullou os beneficios do proxecto La Mariquita de Azúcar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?